Ribeira adquire sete novos traxes para loitar contra a velutina
06:30 01/10/18
06:30 01/10/18
A adquisición está motivada polo alto volume de traballo á hora de combater a avespa asiática
O Concello de Ribeira vén de adquirir sete traxes de seguridade contra a avespa velutina co fin de dotar de máis medios á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil e do Grupo de Atención e Emerxencias Municipal (GAEM) á hora de erradicar os niños destes insectos no noso termo municipal.
A adquisición está motivada polo alto volume de traballo á hora de combater a avespa asiática. Deste xeito, xa son novo os traxes especiais que o Concello ten para este labor, o que permitirá incrementar o seu labor nesta loita.