Comeza o curso 'Sinerxia Food Lab' para os desempregados para emprender na industria agroalimentaria
Sinerxia Plus, empresa especializada no sector da innovación no sector agroalimentario e pesqueiro, organiza no concello de Ames o curso Sinerxia Food Lab, co obxectivo de formar a desempregados menores de 35 anos, maiores de 45 ou parados de longa duración para o impulso de iniciativas empresariais no sector agroalimentario
O curso Sinerxia Food Lab, que se realizará no concello de Ames do 1 ao 30 de outubro, xurde como un programa intensivo que busca aportarlle aos alumnos ferramentas para o diagnóstico, xeración de ideas, formación e mentorización no campo da industria agroalimentaria.
Asemade, outro dos obxectivos do curso, que enfoca o contido cara a perspectiva “quilómetro cero”, vai encamiñado a impulsar proxectos empresariais relacionados con este tipo de industria no propio concello.
A iniciativa está dirixida, de maneira prioritaria, a mozos e mozas desempregados de menos de 35 anos, maiores de 45 anos ou parados de longa duración que se sintan atraídos polo ámbito agroalimentario e o emprendemento.
Deste xeito, a formación irá encamiñada ao coñecemento dos procesos de elaboración, distribución, promoción e comercialización neste tipo de industria, así como ao asesoramento empresarial e de innovación.
O motivo polo que a empresa especializada no sector da innovación agroalimentaria e pesqueira, Sinerxia Plus, se decantou polo concello de Ames para a realización deste curso foi “debido ao seu compromiso crecente coa innovación en diferentes campos empresariais”.
Tamén se tivo en conta o “importante sector económico no campo agroalimentario que posúe, o que fai posible o desenvolvemento de novos nichos de mercado neste sector e de novos proxectos vinculados a iniciativa innovadoras como esta”.
PROGRAMA COMPLETO
Esta primeira edición do curso Sinerxia Food Lab, que constará de un total de 150 horas, centrarase nos produtos hortofrutícolas dende a perspectiva “quilómetro cero” ou “slow food”.
Así, o programa formativo comezará introducindo ao alumno no tipo de industria “quilómetro cero” e nas diversas etapas nas que se divide o seu proceso produtivo. O bloque de formación concluirá con un tema sobre a innovación e o desenvolvementos de ideas de novo produto ou servizo.
O seguinte punto xirará en torno ao coaching, a aprender a emprender. Así, seguindo o método “GROW”, trataranse as distintas fases do proceso de coaching empresarial, seguindo os puntos que para transformar unha idea en realidade.
A continuación, o curso centrarase no asesoramento para a mellora de procesos comerciais. De seguido, persoas con experiencia no sector agroalimentario falarán cos alumnos e asesoraranos de cara aos seus proxectos.
Por último, dedicaranse 45 horas do programa a tutorizar ao alumno na selección e desenvolvemento do proxecto individual que deberá defender, e que se lle avaliará ao final do curso.