Ribeira quere contratar a dous policías, dous arquitectos e un auxiliar de biblioteca
06:30 01/10/18
06:30 01/10/18
Todas as prazas teñen carácter de funcionario agás a de auxiliar de biblioteca, que é de persoal laboral
O Concello de Ribeira aprobou esta semana en xunta de goberno local unha oferta de emprego público para contratar dous novas prazas de axente de policía local, un arquitecto, un arquitecto técnico e un auxiliar de biblioteca.
Esta oferta faise de conformidade coas taxas de reposición que reflicte o artigo 19 da Lei 6/2018 de Orzamentos Xerais do Estado e pódese sacar adiante ao cumprir o Concello tanto co obxectivo de estabilidade orzamentaria como coa regra de gasto e o límite de débeda.
Todas as prazas teñen carácter de funcionario agás a de auxiliar de biblioteca, que é de persoal laboral.