miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Aberto o prazo das prácticas externas da USC

Aberto o prazo das prácticas externas da USC
Aberto o prazo das prácticas externas da USC

Estas prácticas non forman parte do seu plano de estudos, non obstante deberán figurar no Expediente Académico e no Suplemento Europeo ao Título, sempre que se realizaran antes da finalización dos estudos

Ata o día 18 de outubro permanecerá aberto o prazo para a presentación de solicitudes da nova convocatoria de prácticas externas extracurriculares do Consello Social. Posúen a consideración de extracurriculares as prácticas que se realizan con carácter voluntario durante o período de formación do alumnado de grao e máster. 

Estas prácticas non forman parte do seu plano de estudos, non obstante deberán figurar no Expediente Académico e no Suplemento Europeo ao Título, sempre que se realizaran antes da finalización dos estudos. Poderán realizarse en empresas, institucións e entidades públicas ou privadas con sede no territorio nacional, así como na propia universidade.

As prazas desta nova convocatoria deberán estar comprendidas entre o 18 de setembro de 2018 e o 31 de maio e están dirixidas a alumnado dos graos en Administración e dirección de empresas, Bioloxía, Dereito, Economía, Educación Social, Enxeñaría agrícola e agroalimentaria, Enxeñaría civil, Xeomática e topografía, Enxeñaría forestal e do medio natural, Enxeñaría informática, Enxeñaría química, Física, Historia, Historia da arte, Lingua e literatura inglesas, Lingua e Literaturas Modernas (alemán, francés, portugués), Matemáticas, Pedagoxía, Química, Relacións laborais e recursos humanos, Traballo Social e Veterinaria. Tamén existen prazas para estudantes dos dobres graos en Dereito e Relacións laborais e recursos humanos e de Enxeñaría agrícola e agroalimentaria e Forestal e do Medio Natural, así como dos másteres en Psicoxerentoloxía e Xerontoloxía.

A selección realizarase tendo en conta a media do expediente académico, agás o alumnado de adxudicación preferente.

O alumnado seleccionado elixirá, de acordo co titor ou titora da entidade as datas e o horario da práctica, tendo en conta que a realización efectiva desta terá como límite o 30 de setembro do curso seguinte a aquel no que a matriculou. A duración de cada práctica en ningún caso pode ser superior a seis meses. O período das prácticas terá unha duración mínima de 125 horas, equivalente a 5 créditos ECTS e máxima de 750 horas (30 ECTS).

É unha convocatoria dirixida a estudantes da USC que non teñan cuberto o número máximo de créditos de prácticas externas extracurriculares nin superado o Traballo Fin de Grao ou Mestrado da titulación pola que solicite as prácticas. T

ampouco deberá manter relación contractual coa empresa, institución ou entidade na que se vai realizar este período. Toda a información relativa á convocatoria así como as empresas nas que actualmente se ofertan prazas pode consultarse na web do Consello Social.

Comentarios
Lo más