miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A CNT convoca un pasarrúas o 4 de outubro para reivindicar unha mellora das condicións laborais dos empregados da hostalería

A CNT convoca un pasarrúas o 4 de outubro para reivindicar unha mellora das condicións laborais dos empregados da hostalería
A CNT convoca un pasarrúas o 4 de outubro para reivindicar unha mellora das condicións laborais dos empregados da hostalería

O sindicato convoca un pasarrúas o vindeiro 4 de outubro ás 19:00 horas para inforar dos dereitos laborais na hostalería. A comitiva partirá dende Porta Faxeira

A hostalería na cidade Compostela, vinculada fortemente ao turismo e ao ocio do estudantado, é un sector que xera unha enorme cantidade de diñeiro, pero tamén que as condicións laborais nos pubs, bares, restaurantes e hoteis son das máis precarias da cidade.

O deseño da cidade como receptor permanente de turismo, a declaración de patrimonio da humanidade, as festas e o ocio universitario xeran un enorme beneficio para as empresas, pero isto non redunda na mellora da situación das condicións laborais. 

Xornadas de até 60 horas semanais, impago de horas extraordinarias ou nocturnas, descansos insuficientes, ausencia de vacacións, contratos realizados por tempo de traballo ou en categorías inferiores aos realmente realizados, falta de cotización á Seguridade Social, despedimentos fulminantes... estes son apenas parte dos abusos cotiáns que se sofren na hostalería e que denuncia o sindicato CNT Compostela.

Dende o sindicato afirman que a pesar de que a precariedade está tan normalizada no sector, o convenio colectivo recolle unha serie de dereitos que moitas veces non son coñecidos polos traballadores e as traballadora da Hostalería. Este descoñecemento e a falta de organización "provocan que poidan perpetrarse estes abusos e que sexa moi difícil mellorar as condicións laborais do sector".

A CNT poñen en marcha una campaña de información sobre que dereitos teñen os empregados, e de asesoramento sobre a forma de actuar e organizarse para defendelos e amplialos.

Para iso, o sindicato convoca un pasarrúas o vindeiro 4 de outubro ás 19:00 horas para inforar dos dereitos laborais na hostalería. A comitiva partirá dende Porta Faxeira.

Comentarios
Lo más