ABANCA presentará un estudio de hábitos e necesidades financeiras das persoas maiores de 55 anos
Na rolda de prensa daranse a coñecer tamén as outras iniciativas de educación financeira que organizará a entidade ao longo do curso 2018-2019
ABANCA presenta hoxe luns 1 de outubro, coincidindo coa celebración do Día Internacional das Persoas Maiores e o Día da Educación Financeira, as principais conclusións dun estudo que realizou para coñecer en profundidade os hábitos, intereses e necesidades que ten o colectivo de maiores de 55 anos.
Por mor desta investigación, o banco reforzará as actividades dirixidas a este grupo que inclúe o programa de educación financeira que desenvolve en colaboración con Afundación.
Na rolda de prensa daranse a coñecer tamén as outras iniciativas de educación financeira que organizará a entidade ao longo do curso 2018-2019, cun peso relevante das propostas específicas para escolares e novos estudantes de secundaria e preuniversitarios.
Estarán presentes Miguel Ángel Escotet, director xeral de RSC e Comunicación de ABANCA e presidente de Afundación, Manuel Nogueira, director de Banca de Particulares de ABANCA e Pedro Otero, director xerefente da Afundación.