Controlado o incendio declarado no parque natural do Xurés
11:35 30/09/18
11:35 30/09/18
O lume afectour a 15 hectáreas
A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal no concello ourensán de Lobeira, parroquia de Parada, que afecta o parque natural do Xurés.
O lume comezaba onte ás 21,05 h. en dous puntos e quedou controlado esta mañá ás 08,51 h. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie dunhas 15 hectáreas. Na súa extinción traballan 1 técnico, 4 axentes, 18 brigadas, 7 motobombas e 1 pa.