miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Parque Eugenio Granell acolle hoxe a II Andaina e Carreira Solidaria Tras-Ril-San

O Parque Eugenio Granell acolle hoxe a II Andaina e Carreira Solidaria Tras-Ril-San
O Parque Eugenio Granell acolle hoxe a II Andaina e Carreira Solidaria Tras-Ril-San

A proba, apadriñada polo atleta compostelán Pedro Nimo, conta con máis de 150 persoas inscritas.

O Parque Eugenio Granell acollerá este domingo, 30 de setembro, a II Andaina e Carreira Solidaria Tras-Ril-San, organizada por esta Asociación Galega de Transplantados de Ril. A proba, apadriñada polo atleta compostelán Pedro Nimo, conta con máis de 150 persoas inscritas.

A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou o pasado venres esta II Andaina e Carreira Solidaria Tras-Ril-San, da que destacou o seu carácter solidario e as diferentes posibilidades de participación que ofrece segundo a condición física. Xunto á edila, estiveron na rolda de prensa a presidenta da Asociación Galega de Transplantados do Ril de Santiago, Pilar Fernández; o seu secretario, José Ramón García; e o director técnico da Federación Galega de Atletismo, Jesús Silva.

Os participantes na categoría absoluta (de Sub-18/Sub-19 a Máster) realizarán un percorrido de 5 quilómetros, con saída ás 11:30 horas. Antes, ás 11:00, sairán os Sub-10 e Sub-12, cun circuíto de 500 metros; e ás 11:10, os Sub-14 e Sub-16, que neste caso correrán 2,5 quilómetros. Esta é a mesma distancia que percorrerán os participantes na Andaina, que comezará despois da saída da carreira absoluta. A proba conta co control técnico da Federación Galega de Atletismo, a través da delegación en Santiago 

Comentarios
Lo más