miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Compostela reúne aos mellores expertos na enfermidade de Parkinson e outros trastornos do movemento

Compostela reúne aos mellores expertos na enfermidade de Parkinson e outros trastornos do movemento
Compostela reúne aos mellores expertos na enfermidade de Parkinson e outros trastornos do movemento

Especialistas internacionais xúntaronte onte e hoxe para falar dos avances no diagnóstico e no tratamento destas patoloxías

Uns 120 expertos na enfermidade do parkinson e outros trastornos do movemento xuntaronse onte e hoxe en Santiago para falar dos avances no diagnóstico e no tratamento destas patoloxías.

A reunión está dirixida por Alfonso Castro, xefe de servizo de neuroloxía da Xerencia de Santiago e por Ángel Sesar, neurólogo compostelá, que xunto a Gustavo Fernández-Pajarín e Begoña Ares, forman a unidade que atende pacientes con parkinson e trastornos do movemento no hospital Clínico, e que é centro estatal de referencia CSUR para a cirurxía destas patoloxías dende 2011.

O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela realizou a primeira cirurxía do parkinson no 2000. Desde entón, a Unidade de Cirurxía do Parkinson e Trastornos do Movemento do CHUS operou 350 pacientes (a maioría por parkinson, pois é a máis prevalente), uns 30 no último ano. É unha unidade multidisciplinar na que participan neurólogos, neurocirurxiáns, psicólogos e neurofisiólogos.

O complexo sanitario compostelán é o único hospital de Galicia, e un dos 8 de España, que realiza a Cirurxía do Parkinson e de Trastornos do Movemento, é dicir, a implantación de electrodos no cerebro do enfermo para que estimulen os núcleos subtalámicos e reduzan os síntomas da enfermidade (tremores, rixidez e falla de movemento). Con esta intervención estes síntomas diminúen nun 70%, unha melloría que perdura no tempo.

Estímase que un 10% dos enfermos de parkinson son subsidiarios de ser intervidos, só aqueles que superan un proceso de avaliación que determina se o paciente é operable ou non. Son subsidiarios os doentes que, como mínimo, leven 5 anos de evolución da enfermidade; que teñan como complicacións as flutuacións motoras e discinesias (tics) non controlables cos fármacos; deben ter máis de 35 e menos de 75 anos. Para a avaliación dos pacientes tamén se necesita a realización dunha serie de test farmacolóxicos, test de escalas clínicas, estudos neuropsicolóxicos e estudos neurorradiolóxicos (resonancia, spet...)

Cada ano avalíanse no CHUS uns 250 pacientes de parkinson para a valoración cirúrxica. O perfil do paciente que se somete a esta intervención é un home ou unha muller de entre 55 e 60 anos aínda que, nos últimos tempos, aparecen con idades máis precoces (incluso algún caso xuvenil), e cada vez hai máis pacientes que superan os 70 anos. Calcúlase que hai entre 7.000 e 8.000 pacientes coa enfermidade de párkinson en Galicia e a medida que incrementa a esperanza de vida, aumenta a enfermidade.

En que consiste a cirurxía do parkinson de dos trastornos do movemento?

O primeiro acto da cirurxía consiste no implante de electrodos nos dous núcleos subtalámicos. Cando se realiza a operación para implantar os electrodos estimuladores faise con anestesia local para que o enfermo poida colaborar cos médicos e informar das súas reaccións ante a estimulación. A duración do proceso é dunhas 3 horas.

Tres días despois desta primeira intervención, no segundo tempo cirúrxico implántase un xenerador a nivel abdominal. Así os electrodos, alimentados por estas pilas recargables que se instalan no abdome, realizan descargas que serven para neutralizar a excesiva actividade neuronal característica do párkinson. Esta é unha operación duns 40 minutos.

No terceiro tempo realízase a programación dos distintos parámetros de estimulación para obter o maior rendemento clínico.

Despois teñen lugar a revisións periódicas e o cambio das pilas cada 5 anos cunha breve intervención cirúrxica.

A Unidade de Cirurxía do Parkinson e Trastornos do Movemento da Xerencia de Santiago continúa a traballar para a mellora dos pacientes, tanto no ámbito asistencial coma no investigador, e tamén no docente como se pon de manifesto na organización desta reunión de expertos.

Comentarios
Lo más