miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Os alumnos do IES de Brión volven ás aulas tras conseguir que se manteña o reforzo de 3ºESO

Os alumnos do IES de Brión volven ás aulas tras conseguir que se manteña o reforzo de 3ºESO
Os alumnos do IES de Brión volven ás aulas tras conseguir que se manteña o reforzo de 3ºESO

Con todo, a comunidade educativa do IES de Brión non se da por satisfeita e vai continuar reclamando que se atendan as necesidades do Instituto

Logo de dúas semanas de peche das familias no centro e aulas prácticamente baleiras no IES, finalmente chegou unha proposta da Inspección para atender unha parte das reivindicacións da comunidade educativa: o Instituto contará cun complemento de profesorado de 17 horas. 

A oferta está lonxe da dotación de 3 profesores que precisa o centro para poder manter as prestacións do curso pasado, pero cando menos vai permitir que non se perda o grupo de PMAR en 3º de ESO, unha medida de atención á diversidade que dende as familias sempre se considerou irrenunciable. 

A Anpa trasladou á asemblea esta proposta e por amplísima maioría acordouse aceptar que o alumnado se incorpore ás aulas de xeito inmediato como proba de responsabilidade: o interese das familias está, por riba de todo, en que se garanta a calidade no centro, e a recuperación do PMAR valorouse como un primeiro paso nese camiño. 

Con todo, a comunidade educativa do IES de Brión non se da por satisfeita e vai continuar reclamando que se atendan as necesidades do Instituto. 

Por iso mantense a manifestación que tiñamos convocada para este venres ás 11 da mañá en Santiago: mentres os estudantes retoman a actividade no centro, unha representación das familias achegarase ata a Xunta para que a nova Conselleira de Educación teña constancia de que en Brión seguimos pensando que queda moito por facer. 

A unidade que se mantivo durante os quince días de mobilización parécenos ademáis un argumento que afortala ainda máis as nosas reivindicacións.

Comentarios
Lo más