miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Critican que o PP impida un acordo para frear a instalacións de plantas de residuos en zonas residenciais

Critican que o PP impida un acordo para frear a instalacións de plantas de residuos en zonas residenciais
Critican que o PP impida un acordo para frear a instalacións de plantas de residuos en zonas residenciais

Vilán alertou da preocupación dos veciños e veciñas de Teo polos problemas medioambientais e sociais dunha infraestrutura que, no mesmo proxecto, recoñece a instalación dunha balsa de 5.000 metros cúbicos con posible afectación aos ríos Sar e Tinto

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, lamentou hoxe o veto do PP a unha proposición non de Lei dirixida a frear a instalación de plantas de tratamento de residuos en zonas residenciais. A responsable socialista advertiu da situación que están a vivir os veciños e veciñas de Teo diante do proxecto presentado polo Grupo Toysal para facer unha planta na antiga mina de Casalonga.

A responsable socialista acusou ao goberno galego de permanecer “apoltronado” mentres deixa a responsabilidade dos concellos e reclamou así modificar a normativa galega “por motivos de seguridade xurídica para os cidadáns” que vivan nas zonas que poidan verse afectadas.

A proposta socialista incluía modificar o plan de xestión de residuos industriais para obrigar a que estas plantas teñan que instalarse en polígonos industriais, xa que agora mesmo, explicou, a normativa resulta “pouco clara” ao sinalar que deban construírse “preferentemente” nesas localizacións.

Tamén propuxo pedirlle á Xunta que presente na Cámara autonómica unha proposta de modificación da Lei do Solo de Galicia para que directamente prohiba estas instalacións en solo rústico.

Vilán alertou da preocupación dos veciños e veciñas de Teo polos problemas medioambientais e sociais dunha infraestrutura que, no mesmo proxecto, recoñece a instalación dunha balsa de 5.000 metros cúbicos con posible afectación aos ríos Sar e Tinto. Tamén augura ruídos e vibracións polo tránsito de vehículos, emisión de gases contaminantes e a xeración de residuos que contaminen os suelos e acuíferos.

Advertiu da imprecisión do proxecto á hora de explicar a resposta a estes problemas, aludindo a “diversas tecnoloxías punteiras” sen precisar e, engade, admite como “imposible” elaborar un plan de restauración detallado pola incapacidade de avaliar a evolución das condicións socioeconómicas de Casalonga.

Lembra que a Xunta derivou neste caso a responsabilidade no Concello de Teo, e tivo que ser a concelleira de Urbanismo a que conseguiu un informe negativo dos técnicos do Concello que propiciou o arquivo do expediente.

Comentarios
Lo más