Hostalaría Compostela presenta alegacións á nova ordenanza de terrazas
Desde a Asociación Hostalaría Compostela recordan que as restriccións da nova norma proposta polo Concello en materia de terrazas suporía un grave perxuicio para o sector
Onte, o xerente da Asociación Hostalaría Compostela, Ramón G. Seara, presentou en nome da entidade ás alegacións ó proxecto de nova normativa de terrazas.
Concretamente presentáronse alegacións ao respecto da modificación do punto 16.5 da ordenanza, no que se fala do espazo da terraza que deberá ser igual co ancho da fachada do establecemento.
Reclaman unha redacción da norma que garanta os dereitos adquiridos, non cree inseguridade xurídica e baseada en criterios obxectivos que non dean lugar a arbitrariedades.
Desde a Asociación Hostalaría Compostela recordan que as restriccións da nova norma proposta polo Concello en materia de terrazas suporía un grave perxuicio para o sector.