jueves. 26.11.2026 |
El tiempo

Garantizan a gratuidade do servizo de transporte adaptado

Garantizan a gratuidade do servizo de transporte adaptado
Garantizan a gratuidade do servizo de transporte adaptado

Marta Rodríguez lembrou que “durante anos a utilización que se estaba a facer do 065 era para servizos de transporte regular, cando o obxectivo era o de cubrir o transporte puntual

A portavoz de Asuntos Sociais do Grupo Popular, Marta Rodríguez Arias, asegurou hoxe no Parlamento que o servizo de transporte adaptado do 065 “é máis universal que nunca e está garantida a súa gratuidade por decreto”.

Marta Rodríguez lembrou que “durante anos a utilización que se estaba a facer do 065 era para servizos de transporte regular, cando o obxectivo era o de cubrir o transporte puntual”. Esta situación motivou as queixas dos usuarios o que levou á Xunta a revisar o servizo para incrementar e mellorar a atención aos usuarios.

DECRETO DE 2014

Deste xeito, o actual Goberno galego aprobou en 2014 un decreto polo que garante a gratuidade do servizo do transporte programado puntual 065, cando o anterior Goberno bipartito establecera en 2007 que os usuarios deberían aboar unha contraprestación económica determinada pola capacidade económica do solicitante.

A portavoz popular salientou, ademais, que “nos últimos catro anos incrementouse un 38 por cento o número de solicitudes atendidas polo servizo de transporte programado puntual, ao pasar de 4.197 usuarios en 2014 a case 6.000 en 2018”.

Comentarios
Lo más