miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Mesa Xeral de Negociación de Ames aproba a incorporación da EMMA na RTP

A Mesa Xeral de Negociación de Ames aproba a incorporación da EMMA na RTP
A Mesa Xeral de Negociación de Ames aproba a incorporación da EMMA na RTP

A Mesa Xeral de Negociación aprobou a sétima modificación da Relación de Postos de Traballo, que ten por obxecto a incorporación á RPT da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA)

A Mesa Xeral de Negociación aprobou a sétima modificación da Relación de Postos de Traballo, que ten por obxecto a incorporación á RPT da Escola Municipal de Música de Ames (EMMA) xunto cos postos correspondentes. Tamén se informou sobre a instrución interna de uso de sinatura. 

Asemade, celebrouse unha xuntanza da Comisión se seguimento da RPT na que se abordou a posible Oferta de Emprego Público (OEP) 2018 e a proposta de acordo regulador do plan de estabilización, así como o inicio das negociacións para a revisión dos postos de cada departamento, incluídos na RPT.

O goberno municipal e mailos representantes do persoal municipal, que son membros do Comité de Empresa e da Xunta de Persoal, reuníronse en Mesa Xeral de Negociación. En dita xuntanza aprobouse por unanimidade a sétima modificación da Relación de Postos de Traballo, a través da cal se inclúe a Escola Municipal de Música dentro da RPT e se adscribe ao departamento de Cultura. Asemade, créanse 9 novos postos adscritos a dito servizo. Sete destes novos postos son creados debido aos recentes fallos xudiciais de cuxa execución se ten derivado o recoñecemento dos demandantes como persoal laboral indefinido (non fixo) do Concello.

Os postos que se adscriben á EMMA son os de profesor de frauta, saxofón, musica e movemento, percusión/batería, violín, linguaxe musical, guitarra, canto moderno e piano. Os dous primeiros crearanse a través dun proceso selectivo para a creación de dúas bolsas de traballo para a Escola Municipal de Música de Ames: unha de mestres de frauta e outra de mestres de saxofón, mentres os sete postos restantes cóbrense atendendo as sentenzas dos Xulgados do Social ao respecto das demandas presentadas por parte do persoal que prestou servizo na EMMA ata o final do curso 2016-2017. A través deste proceso regularízase a situación deste persoal que estaba contratado de xeito irregular.

Outro dos cambios recollidos na sétima modificación da RPT é o cambio de adscrición orgánica dun dos postos de auxiliar administrativo, actualmente integrado no servizo de Secretaría do departamento de Secretaría e Administración Xeral; que pasaría a adscribirse ao servizo de Contratación deste mesmo departamento para dar cobertura á entrada da nova Lei de Contratos e reforzar así dito departamento. A través de dita modificación reflíctese formalmente a realidade administrativa actual do Concello.

Comentarios
Lo más