miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Éxito de participación na cadea humana contra o proxecto de Casalonga

Éxito de participación na cadea humana contra o proxecto de Casalonga
Éxito de participación na cadea humana contra o proxecto de Casalonga

A unión demostrada onte pola veciñanza dá folgos á Plataforma para seguir canalizando as accións contra o vertedoiro

Como xa anunciou a Plataforma, non houbo relaxación ningunha logo da vitoria na primeira batalla, ao desestimar a Xunta o proxecto da planta de tratamento de residuos no monte da Casalonga. 

Ao redor dunhas 3.000 persoas vestiron a camiseta negra co logo amarelo da plataforma, e camiñaron formando unha gran cadea humana duns 2km de longo pola estrada que atravesa a antiga canteira da Casalonga para protestar contra este segundo intento.

A gran afluencia á asemblea da plataforma celebrada do venres día 21, que chegou a formar retencións de tráfico importantes na N-550, xa vaticinaba o éxito da cadea humana convocada para hoxe domingo.

A empresa, que se titula propietaria dos dereitos de explotación mineira da canteira, presentou hai unha semana na Dirección Xeral de Minas da Consellería de Industria un proxecto de vertedoiro, disfrazado de plan de restauración. 

O plan alternativo que agora ven de presentar, que xa tiña preparado no mes de xullo, é moito máis destrutivo para o entorno que o primeiro. Se a planta de tratamento de residuos ía tratar 90.000 tn. anuais, con este novo plan supéranse as 200.000 tn. anuais de vertidos. Lemas como “Toysal engana, vai botar o que lle dá a gana” que se podían ler na mobilización de onte explican o sentir da xente.

O pobo de Teo, Padrón, Ames volveu pedir aos poderes públicos que se protexa o medio ambiente e a calidade de vida das decenas de miles de persoas potencialmente afectadas polo proxecto. Xente de todas as ideoloxías e agrupacións políticas demostraron hoxe unha unidade que lle amosa ás autoridades competentes o camiño a seguir con total claridade.

A unión demostrada onte pola veciñanza dá folgos á Plataforma para seguir canalizando as accións contra o vertedoiro, e renova o compromiso de loitar, de forma inclusiva, pola preservación e restauración do monte da Casalonga.

A Plataforma plantéxase expoñer a situación ao Valedor do Pobo, buscar asesoramento externo e organizar novas mobilizacións cidadás para seguir na loita.

Comentarios
Lo más