Un choque ente dous turismos sáldase con sete persoas ferida en Antas de Ulla
10:49 23/09/18
10:49 23/09/18
Sucedeu na estrada que une o Pazo de Vilane e o Castro de Amarante, ao fío das 21:45 horas
Un choque entre dous coches a pasada noite en Antas de Ulla saldouse con sete persoas ferida. Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, unha das vítimas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Chantada, ao quedar atrapada no interior dun dos turismos implicados no accidente.
Sucedeu na estrada que une o Pazo de Vilane e o Castro de Amarante, ao fío das 21:45 horas. Nese momento, unha persoa particular contactaba co 112 Galicia para alertar do ocorrido.
Acto seguido, o persoal do 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Chantada e do GES de Monterroso.