miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Portas aberta do Fútbol Club Meigas

Portas aberta do Fútbol Club Meigas
Portas aberta do Fútbol Club Meigas

Esta iniciativa consiste en abrir os adestramentos a todas aquelas rapazas que desexen acudir

Entre os días 19 e 28 de setembro, o Fútbol Club Meigas vai desenvolver unhas xornadas de portas abertas de fútbol feminino co obxectivo de captar nenas que se integren nos diferentes equipos que ten este club amesán. Esta iniciativa consiste en abrir os adestramentos a todas aquelas rapazas que desexen acudir. 

Deste xeito, todas as nenas que queiran ir probar se lles gusta a práctica do fútbol sala poderano facer durante os mércores 19 e 26 no pavillón polideportivo do Milladoiro, e os venres 21 e 28 no pavillón polideportivo de Bertamiráns.

Durante este mes de setembro, o Fútbol Club Meigas organiza unhas xornadas de portas abertas de fútbol feminino. Así, todas as rapazas que desexen probar se lles gusta practicar fútbol sala poderano facer acudindo aos adestramentos do Fútbol Club Meigas, que se celebran os mércores no pavillón polideportivo do Milladoiro e os venres no pavillón polideportivo de Bertamiráns.

Estes adestramentos estarán divididos en dúas quendas segundo a idade. Por un lado, no Milladoiro, de 18:30 a 19:30h poderán acudir as nenas nadas do 2014 ao 2005, e de 19:30 a 20:30h as rapazas nadas antes do 2005. 

Por outra banda, a Bertamiráns acudirán de 18:00 a 19:00 as nenas nadas do 2014 ao 2005, e de 19:00 a 20:00 horas as rapazas nadas de antes do 2005.

Esta iniciativa, que non require inscrición previa, consiste en abrir os adestramentos a todas aquelas rapazas que desexen acudir a practicar fútbol sala, co obxectivo de captar nenas que se integren nos diferentes equipos que ten este club amesán.

Comentarios
Lo más