FAGAL celebra o seu XX Aniversario cunha Gala Solidaria
O acto, que terá lugar ás 20h na Sala Mozart do Auditorio de Galicia
A Federación Alzhéimer Galicia (FAGAL) conmemora hoxe 22 de setembro o 20 Aniversario da entidade coa celebración dunha Gala Solidaria.
O acto, que terá lugar ás 20h na Sala Mozart do Auditorio de Galicia estará presentado pola actriz Lucía Regueiro, e contará coas actuacións de Tania Fuegho, Silvia Penide e Fran Allo.
Ademais, contará coas intervencións do Conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña; a Concelleira de Políticas Sociais de Santiago, Concepción Fernández; a Directora Xeral de Maiores, Fabiola García; e o Presidente de FAGAL, Juan Carlos Rodríguez.
Durante a gala, entregaráselles un recoñecemento polo apoio ás persoas con alzhéimer á Fundación Barrié e ao investigador Carlos Spuch