miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ames organiza hoxe unha andaina solidaria en beneficio de ASANOG

Ames organiza hoxe unha andaina solidaria en beneficio de ASANOG
Ames organiza hoxe unha andaina solidaria en beneficio de ASANOG

O evento solidario deportivo celebrarase hoxe, 22 de setembro, a partir das 17:00 horas, na Travesía do Porto do Milladoiro

Esta semana presentouse na Casa da Cultura do Milladoiro a II Andaina e Carreira da Familia en beneficio de ASANOG. Este ano como novidade, ademais de carreira, poderase participar nunha andaina de 3 quilómetros. 

Na presentación estiveron o alcalde e concelleiro de Deportes, José Miñones, a concelleira de Servizos Sociais, Luísa Feijóo, dúas representantes de ASANOG, Mercedes Fernández e Alba Álvarez, o presidente do Club de atletismo MillaRaio, José David García, e mailo director técnico da delegación en Santiago da Federación Galega de Atletismo, Jesús Silva. 

O evento solidario deportivo celebrarase hoxe, 22 de setembro, a partir das 17:00 horas, na Travesía do Porto do Milladoiro.

O evento consistirá nunha andaina e carreira “simbólica” de tres quilómetros a través das rúas do Milladoiro e contará, tamén, con actividades lúdicas para toda a familia entre as que destacan unha festa con DJ, inchables, animación, obradoiros, premios e sorteos. 

A xornada comezará ás 17:00 horas, coa entrega de dorsais na propia carpa da organización. Este ano, como novidade, cámbiase o percorrido do circuíto para que sexa máis plano, e deste xeito, máis axeitado para todos os participantes. 

A proba discorrerá pola Travesía do Porto, a parte baixa do polígono Novo Milladoiro, a estrada que vai cara Ventín, para volver ao aparcadoiro da Travesía do Porto, onde estará situada a liña de meta.

Ás 17:30 darán inicio as actividades cunha sesión de música, animación e baile. Ás 18:00h haberá sesión de quecemento en grupo, para ás 18:15h comezar a Andaina e Carreira da Familia. Percorrerase un circuíto de 3 quilómetros co obxectivo de que todos os integrantes das familias participantes poidan disputar a proba sen carácter competitivo. 

A partir das 18:45 h terán lugar actividades lúdicas para toda a familia, con inchables e xogos. Finalmente, ás 19:30h será o final de festa cun sorte de agasallos e a entrega dos premios.

O alcalde de Ames e concelleiro de Deportes, José Miñones, destacou durante a presentación “búscase que non só sexa un evento benéfico no tocante á recadación, senón tamén festivo en cando ao seu desenvolvemento, de aí que o puxésemos como andaina e non só como carreira”. 

Asemade, destacou o carácter benéfico do acto: “aqueles que pola razón que sexa, estean lesionados ou teñan algún impedimento para poder vir, poden colaborar igualmente a través da páxina web, facendo ese donativo no dorsal 0. Tamén hai que destacar o feito de que haberá actividades lúdicas, que non só é unha carreira”.

A concelleira de Sanidade e Servizos Sociais, Luísa Feijóo, tamén destacou o carácter familiar e benéfico desta carreira-andaina. “É unha forma estupenda de poder colaborar con unha asociación formada por familias de nenos oncolóxicos, e un xeito de en familia, colaborar e pasalo ben. O obxectivo é concienciar e sensibilizar, pero dun xeito lúdico”.

Pola súa banda, unha das representantes de ASANOG, Mercedes Fernández, agradeceu ao Concello de Ames a organización deste evento solidario.

“O sábado instalaremos unha mesa no aparcadoiro da Travesía do Porto, para vender mercandaising, así como produtos que as nais e os nenos foron facendo no seu tempo libre. Agradécese que todo o mundo queira aportar ese gran de area, porque Asanog só, non faría todo o que está facendo, sen axuda das persoas que veñen a estes eventos, porque elas tamén nos axudan a sacalos adiante”.


Comentarios
Lo más