miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Ames e Teo firman un convenio de colaboración para a xestión da EDAR Calo-Milladoiro

Ames e Teo firman un convenio de colaboración para a xestión da EDAR Calo-Milladoiro
Ames e Teo firman un convenio de colaboración para a xestión da EDAR Calo-Milladoiro

Dito convenio foi aprobado por unanimidade no pasado pleno ordinario de xullo. Ambos rexedores amosáronse satisfeitos polo peche deste proceso

Este mércores, 19 de setembro, os alcaldes de Ames, José Miñones, e de Teo, Rafael Sisto, asinaron o convenio de colaboración para regular a porcentaxe de participación de cada concello nos custes de xestión da EDAR Calo-Milladoiro. Dito convenio foi aprobado por unanimidade no pasado pleno ordinario de xullo. Ambos rexedores amosáronse satisfeitos polo peche deste proceso.

O alcalde de Ames, José Miñones, explica que “despois de ser ratificado polo Pleno, agora procedemos a asinar o convenio por parte das Alcaldía dos dous concellos. A través de dito acordo vaise a regularizar a participación dos dous concellos nos custes da xestión e dita EDAR, un tema que estaba pendente de acordar dende hai anos”. O alcalde de Teo, Rafael Sisto, tamén se amosou satisfeito polo peche deste proceso.

Cómpre lembrar que en xullo de 1998 realizouse o proxecto básico da obra de saneamento en Calo e Milladoiro por parte da Xunta de Galicia. Para o cálculo do dimensionamento da EDAR no anteproxecto estimouse a poboación futura (na área de influencia da EDAR) dos dous concellos no ano 2023.

Tendo en conta a realidade actual de ambos concellos, considérase neste momento máis conveniente utilizar outro criterio para o reparto dos custes, concretamente o número de vivendas conectadas á EDAR Calo-Milladoiro. Para este fin, cada concello confeccionará anualmente unha listaxe de vivendas conectadas ó servizo de saneamento que verten á EDAR Calo-Milladoiro, con indicación do enderezo de cada vivenda conectada e titular do servizo.

Asemade, co obxecto de dispor dun estudo de custos, por acordo entre as Alcaldías dos dous concellos, a principios de 2014 solicitouse a Augas de Galicia que realizase un estudo técnico de custes da EDAR Calo-Milladoiro. Este estudo, realizado por IDOM, Consultora de Aguas de Galicia, establece un custo de xestión total de 149.869,85 euros/ ano. Neste montante incluíase o custo variable da electricidade, nese ano estimada en 41.437,36 euros, polo que o custe de xestión, excluída electricidade, é de 108.432,49 euros/ano (sen IVE).

Control da xestión e mantemento da instalación

En base ao convenio, que vén de asinarse por parte dos alcaldes de Ames e Teo corresponderalle ao Concello de Teo a administración, control da xestión e mantemento da instalación da EDAR Calo-Milladoiro. Para os custos anteriores ao 2019 aplicarase o criterio do número de habitantes debendo o Concello de Ames aboar ao Concello de Teo un total de 295.815,43 euros correspondente ás anualidades que van de 2013 a 2017.

A anualidade de 2018 aínda está pendente de liquidación. As anualidades de 2013 e 2014 terán que aboalas antes do 31 de decembro de 2018; ás de 2015, 2016 e 2017, antes do 31 de decembro de 2019; e a de 2018, antes do 31 de decembro de 2020.

Comentarios
Lo más