miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Demandan que a RAE e a RAG homoxeneicen o uso da toponimia oficial

Demandan que a RAE e a RAG homoxeneicen o uso da toponimia oficial
Demandan que a RAE e a RAG homoxeneicen o uso da toponimia oficial

Considerou necesario que a Real Academia Galega e a Real Academia Española “cheguen a un acordo e fixen un criterio único para o uso dos topónimos"

O portavoz de Educación do Grupo Popular, César Fernández Gil, defendeu hoxe no Parlamento que a Real Academia Galega e a Real Academia Española inicien un proceso de homoxeneización de criterios para o uso da toponimia oficial. 

“Sería conveniente que ambas academias fixaran un criterio único e baseado no respecto ás leis e entre falantes de distintas linguas á hora de recomendar o uso dos topónimos nas súas formas non oficiais”, sinalou.

César Fernández lembrou que, segundo se recolle na Lei de normalización lingüística, “os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega”, correspondendo á Xunta a determinación dos nomes oficiais dos municipios, territorios, núcleos de poboación, vías de comunicación interurbanas e topónimos.

Deste xeito, considerou necesario que a Real Academia Galega e a Real Academia Española “cheguen a un acordo e fixen un criterio único para o uso dos topónimos, de xeito que se eviten polémicas que se repiten con certa regularidade e que non benefician á lingua galega

Comentarios
Lo más