Corte de tráfico na rúa Triacastela pola construcción do ascensor urbano
07:30 20/09/18
07:30 20/09/18
A rúa quedará pechada ao tráfico e unicamente se permitirá o acceso de residentes aos seus garaxes.
O vindeiro venres, 21 de setembro, comezan as obras de mellora da accesibilidade na rúa de Triacastela, cunha duración prevista de seis meses.
Por este motivo, a rúa quedará pechada ao tráfico e unicamente se permitirá o acceso de residentes aos seus garaxes.
Tamén estará prohibido o estacionamento, tanto na rúa como na parcela adxacente. Estas prohibicións de acceso e de estacionamento estarán debidamente sinalizadas na entrada á rúa de Triacastela dende a avenida de Lugo.