Denuncian o mal estado do aparcadoiro de Belvís
06:30 20/09/18
06:30 20/09/18
Dende a formación galeguista piden unha actuación urxente para arranxar o firme do aparcadoiro
Dende a agrupación local de Compromiso denuncian o mal estado no que se atopa o aparcadoiro de Belvís. Con 122 prazas, é a zona de referencia do casco histórico usado a diario por centos de usuarios tanto da veciñanza da cidade como dos turistas.
Dende a formación galeguista piden unha actuación urxente para arranxar o firme do aparcadoiro, que se atopa totalmente levantado e con fendas por culpa das raíces das árbores.
De igual xeito, tamén propoñen unha mellor redistribución das prazas, xa que na actualidade e bastante incómodo e dificultoso estacionar nas mesmas.