miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Extinguido o incendio de Vilalba

Extinguido o incendio de Vilalba
Extinguido o incendio de Vilalba

Quedou extinguido ás 00,11 h. desta noite o lume rexistrado no concello de Vilalba

A Consellería do Medio Rural acaba de informar do estado dos incendios forestais que están activos nestes momentos na comunidade autónoma.

Estabilizado Vilardevós

Esta madrugada ás 05,10 h. quedaba estabilizado un lume rexistrado no concello ourensán de Vilardevós, parroquia de Terroso, tras comezar onte ás 20,31 h. Segundo as primeiras estimacións, afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas de monte raso. Nos labores de control levan participado 3 axentes, 13 brigadas, 6 motobombas e 1 pa.

Extinguido Vilalba

Quedou extinguido ás 00,11 h. desta noite o lume rexistrado no concello de Vilalba, parroquia de Vilapedre, que comezaba onte ás 10,06 h. Segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 35,91 hectáreas de monte raso. Na súa extinción traballaron 1 técnico, 4 axentes, 10 brigadas, 8 motobombas e 1 pa.

Comentarios
Lo más