miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Máis de 220 estudantes asistirán ás clases do Conservatorio de Ribeira

Máis de 220 estudantes asistirán ás clases do Conservatorio de Ribeira
Máis de 220 estudantes asistirán ás clases do Conservatorio de Ribeira

Na tarde de onte tivo lugar no salón de actos do centro a presentación pública do curso 2018-2019 nunha reunión na que concorreron os membros do claustro de profesores e a directiva

O Conservatorio Municipal de Ribeira vai arrancar un novo curso con cifra récord de alumnos: 220 estudantes entre as distintas especialidades que alí se ofertan, incluídos os graos elemental e profesional do centro, a Escola de Música Infantil e na Aula Galega de Saxofón.

Na tarde de onte tivo lugar no salón de actos do centro a presentación pública do curso 2018-2019 nunha reunión na que concorreron os membros do claustro de profesores e a directiva (Álvaro López como director, Natalia Rey como xefa de estudos e José Fungueiriño como secretario) e decenas de persoas asistentes, entre alumnos e pais e nais.

Cómpre destacar que un total de 30 alumnos comezarán os seus estudos oficiais en primeiro curso de grao elemental. Hoxe terá lugar a escolla de horarios nas distintas especialidades (piano, guitarra, saxofón, gaita, violoncello, trompeta, clarinete, frauta traveseira, viola e violín) en tanto que mañá mércores comezarán as clases.

Pola súa parte, a Escola de Música Infantil dirixida a alumnos de entre 4 e 7 anos principiará o 1 de outubro. As inscricións están abertas.

O acto concluíu coa interpretación por parte dun alumno de piano, Yuri Durán Castro, dun tema de Mendelsshon.

Comentarios
Lo más