miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O 29 de setembro arranca a Liga Galega de Fútbol Gaélico 2018/19

O 29 de setembro arranca a Liga Galega de Fútbol Gaélico 2018/19
O 29 de setembro arranca a Liga Galega de Fútbol Gaélico 2018/19

A presentación cubriu as principais competicións e liñas de traballo nas que se focalizará a AGFG durante a tempada 2018/19

O pasado sábado 15 de setembro, a Asociación Galega de Fútbol Gaélico (AGFG) e a Federación Galega de Fútbol (FGF) organizaron un acto de presentación da tempada de fútbol gaélico 2018/19. O acto tivo lugar ás 11:30 na sede da Delegación de Santiago da FGF, no Estadio Multiusos de San Lázaro, e contou cunha ampla representación de todos os clubes galegos de fútbol gaélico, así como membros da directiva da AGFG e da FGF, entre os que se atopaba o presidente da Federación, Rafael Louzán. 

A presentación cubriu as principais competicións e liñas de traballo nas que se focalizará a AGFG durante a tempada 2018/19.

Liga Galega 2018/19 

O 29 de setembro dará comezo a Liga Galega masculina, cunha participación récord de 14 equipos. Repiten da tempada pasada: Auriense (Ourense), Cambados (Cambados), Dorna (Illa de Arousa), Estrela Vermelha (Compostela), Fillos de Breogán e Ártabros (A Coruña), Herdeiros de Dhais (Lalín), Irmandinhos e Braithreachas (A Estrada) e Keltoi (Vigo). A estes súmanse vellos coñecidos como Mecos (O Grove) e Pontevedra (Pontevedra), tras un ano de parón; así como dous novos equipos: Estrela Gales (equipo filial do Estrela Vermelha), e Turonia (Gondomar). O formato de competición será dunha primeira volta todos contra todos. A continuación, e en base á clasificación nesta primeira volta, pasarase aos equipos Asociación Galega de Fútbol Gaélico Nota de prensa en tres grupos segundo a clasificación: Senior (1º-4º), Plate (5º-9º) e Shield (10º-14º). Disputarase unha segunda volta (na que se acumulan os puntos acadados da primeira), o campión de cada grupo será aquel que acade unha maior puntuación dentro do mesmo. Como novidade, este ano a Liga xogarase en formato 9 contra 9.

Pola súa parte, a Liga Feminina arrincatá o 27 de outubro, contando con 7 equipos: Auriense (Ourense), Estrela Vermelha (Compostela), Fillas de Breogán (A Coruña), Herdeiras de Dhais (Lalín), Irmandinhas (A Estrada), Keltoi (Vigo) e Turonia (Gondomar). O formato de competición será de ida e volta completa, todas contra todas. Mantense o formato 7 contra 7. 

A AGFG destaca a incorporación dun novo clube, Turonia Gondomar FG, pertencente á zona do Baixo Miño, que entra con forza ao presentar equipo tanto na modalidade feminina coma na masculina. A derradeira xornada de Liga terá lugar o 14 de abril de 2019. 

Outras competicións

Entre medias do inicio das dúas ligas, desputarase o 20 de outubro, en Maastricht (Países Baixos), o Campionato Europeo de clubes, onde cada ano se dan cita os mellores equipos de Europa Continental. Galicia contará con representación en dito torneo a través do Estrela Vermelha e Irmandinhos, tanto en modalidade feminina como masculina.

No mes de maio e xuño, tras a finalización da Liga, como ven sendo habitual, celebrarase a Copa Galega, cuxo formato e datas están suxeitas ao emprazamento da final do Campionato Ibérico. Prevista para finais de maio ou comezos de xuño, o torneo que reúne os mellores equipos da Península está pendente designación de data e sede definitiva, tras dous anos consecutivos celebrándose en A Coruña. Esta decisión afectaría ás datas dispoñible para a celebración da Copa, co cal esta concretarase cando exista unha decisión oficial.

Deporte base

Ángel Negrete, presidente da AGFG, fixo un repaso dos proxectos de fútbol gaélico base existentes actualmente en Galicia. A Asociación é consciente da importancia da formación no deporte nos máis pequenos, especialmente no caso do fútbol gaélico xa que conta entre as súas bases cunha serie de principios únicos. A nivel deportivo trátase dun deporte sociomotriz de colaboración-oposición, útil para desenvolver capacidades físicas básicas e perceptivo-motrices. Ademáis promociona unha serie de valores coma o traballo en equipo, Asociación Galega de Fútbol Gaélico Nota de prensa esforzo e constancia, culminado na denominada “cultura do terceiro tempo”, onde compañeiros e rivais teñen a oportunidade de relacionarse tras un partido. Cun proxecto consolidado dende hai anos coa escola deportiva en O Grove, esta tempada verán a luz outros proxectos similares por Galicia, coma en Vigo, Compostela, Ourense ou A Estrada. Noutras zonas coma A Coruña, Cambados, a Illa de Arousa ou Lalín, os clubes tamén buscan dar a coñecer este deporte entre os máis pequenos. 

Selección Galega

Recoñecida coma un dos seus grandes activos, a Selección Galega de Fútbol Gaélico afronta un novo reto tras o éxito acadado no pasado I Campionato Europeo de seleccións, celebrado en Lorient, onde a selección feminina se alzou co título e a masculina co subcampionato. 

Do 28 de xullo ao 1 de agosto terá lugar en Irlanda os III World Games, tras dúas exitosas edicións nos anos 2015 (Abu Dhabi) e 2016 (Dublín). En ambas edicións, os combiandos galegos acadaron o podio. 

Reafirmados nos seus postos, Alexandre Sanmartín -masculina-, Pablo Da Silva e Santiago Rodríguez -feminina- repetirán o plan executado a pasada tempada, organizando tres concentracións entre outubro e abril, para iniciar unha preparación intensiva dous meses antes do inicio do campionato.

Comentarios
Lo más