Os Populares instan ao Goberno de CA a “poñer orden” no sistema sancionador do Concello de Santiago
Para Sánchez-Brunete, “este procedemento carece de lóxica, coherencia e resulta desbocado e anárquico, ademais de arbitrario”
O concelleiro Alejandro Sánchez-Brunete, ofreceu onte unha rolda de prensa na que instou ao Goberno de Martiño Noriega a que “poña orden” no sistema sancionador do Concello de Santiago, que produce situación inxustas e desiguais cos veciños da capital de Galicia,
Para Sánchez-Brunete, “este procedemento carece de lóxica, coherencia e resulta desbocado e anárquico, ademais de arbitrario”. Por todo isto e tal como subliñou o concelleiro, “faise totalmente necesaria a constitución dun grupo de traballo que revise as diferenzas que se producen, cada vez máis, neste Concello á hora de sancionar e que valore qué finalidade ten este sistema, si é para recadar ou para disuadir”.
Tal e como anunciou Alejandro Sánchez-Brunete, “o obxectivo desta proposta é que o Goberno de Compostela Aberta nomee dito grupo, que estaría integrado por representantes dos grupos municipais, polos xefes dos servizos correspondentes con competencias sancionadoras, polo xefe da Policía Local e polo director da Asesoría Xurídica”.
Esta entidade tería como cometido valorar a idoneidade das vixentes determinacións normativas sancionadoras; coñecer e revisar as diferenzas que se están producir coas sancións neste Concello; e valorar o cumprimento da finalidade do réxime sancionador vixente. Co obxectivo de promover as revisións normativas ou a fixación dos criterios harmonizadores que correspondan.
Neste momento, “o Concello de Santiago ten atribuída unha potestade sancionadora moi extensa, pensada para disuadir comportamentos ilícitos ou incívicos en distintas áreas. So hai que repasar as leis e ordenanzas que prevén esa potestade municipal para ver os numerosos procedementos que o Concello pode incoar”.
“Como esta potestade non é exercida por xuíces e dado que supón un menoscabo da integridade xurídica dos cidadáns, é imprescindible ter todas as garantías; e entre outros, cómpre respectar o principio de proporcionalidade, igualdade e de non discriminación, posto que sen tales principios, a potestade sancionadora vólvese unha expresión crúa e abusiva de arbitrariedade administrativa ou política”.
O concelleiro Popular tamén insistiu en que “se descoñece o porqué se externalizan algúns tipos de procedementos e outros non; tampouco se sabe o motivo de que algúns órganos administrativo ofrezan reducións acumulables nas propostas de sancións de ata un 40% e outros limiten o ofrecemento a un 20%”.
“Tampouco se sabe porqué hai uns criterios de gradación de sancións distintos entre órganos da mesma Administración e que o rigor con que se sanciona a unha persoa que infrinxe ocasionalmente unha norma poida ser o mesmo que o rigor que se lle aplica a quen incorra en reiteración ou reincidencia, entre outras cousas tamén incoherentes”, remarcou.