Situación intermedia nun día anubrado
07:30 18/09/18
07:30 18/09/18
Na cidade a mínima acadará os 15ºC e a máxima os 25ºC
O martes Galicia estará nunha situación intermedia entre un anticiclón situado en Centro Europa e as baixas presións situadas entre Islandia e Escocia, cun réxime de ventos de compoñente oeste que aportarán moita humidade especialmente á franxa atlántica.
Polo tanto, os ceos estarán parcialmente cubertos con nubes máis compactas na metade oeste con algunhas chuvias febles, quedando os ceos máis despexados na metade leste.
As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos mentres que as máximas descenderán lixeiramente. Na cidade a mínima acadará os 15ºC e a máxima os 25ºC.
O vento soprará frouxo de compoñente oeste.