Compromiso propón unha actuación integral na rúa Diego Bernal
08:30 18/09/18
08:30 18/09/18
O acceso da AP9 á Cidade da Cultura, Sar, Fontiñas é Concheiros precisan dunha actuación urxente na rúa Diego Bernal
Compromiso pide unha actuación urxente na rúa Diego Bernal que na actualidade xa se atopa bastante deteriorada e con só dous carrís. Os días de partidos, concertos e grandes eventos non e capaz de dar saída ao tráfico, provocando atascos, tanto cara ao barrio de Sar como ao de Fontiñas.
A Agrupación local de Compromiso entende que “este problema vaise agravar co novo enlace da AP9”. A formación galeguista propón unha actuación integral en toda a rúa, nas súas rotondas e a construción dun aparcadoiro lineal aproveitando os marxes da mesma.