miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Controlados os incendios do parque natural do Invernadoiro e do Xurés

Controlados os incendios do parque natural do Invernadoiro e do Xurés
Controlados os incendios do parque natural do Invernadoiro e do Xurés

Así, ás 20,32 h. desta tarde deuse por controlado o lume rexistrado no concello de Lobios

A Consellería do Medio Rural informa de que están controlados os dous incendios forestais que permanecían estabilizados e que afectan os parques naturais do Xurés (no concello de Lobios) e do Invernadeiro (no municipio de Vilariño de Conso), ambos na provincia de Ourense.

Así, ás 20,32 h. desta tarde deuse por controlado o lume rexistrado no concello de Lobios, parroquia de Manín, que se iniciara onte ás 18,49 h. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 25 hectáreas, das cales 20 son de raso e as 5 restantes de arborado. Para controlar este incendio mobilizáronse 8 axentes, 34 brigadas, 17 motobombas, 2 pas, 5 helicópteros e 2 avións.

Vilariño de Conso

Quedou tamén controlado, ás 20,30 h., o lume rexistrado no municipio de Vilariño de Conso, parroquia de San Mamede de Hedrada, e que afecta o parque natural do Invernadeiro. O incendio comezou o venres ás 16,42 h. e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 40,1 hectáreas, das cales 25,63 son de monte raso e as 14,47 restantes de arborado. Para controlar este lume mobilizáronse 2 técnicos, 26 axentes, 69 brigadas, 28 motobombas, 1 pa, 15 helicópteros e 8 avións.


Comentarios
Lo más