miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Máxima vixiancia e coordinación nas zonas onde hai unha alta actividade incendiaria

Máxima vixiancia e coordinación nas zonas onde hai unha alta actividade incendiaria
Máxima vixiancia e coordinación nas zonas onde hai unha alta actividade incendiaria

Despois dos incendios rexistrados nos parques naturais do Xurés e o Invernadeiro trata de atallar estas accións intencionadas

A Xunta de Galicia está a reforzar a coordinación coas Forzas e Corpos de Seguridade do Estado e incrementando a vixilancia naquelas zonas nas que se está a detectar unha alta actividade incendiaria. 

Tras os reiterados intentos de prender en determinadas comarcas, así como os últimos lumes rexistrados nos parques naturais do Xurés e o Invernadeiro, o Goberno galego está reforzando as accións de control nestes lugares.

A rápida intervención dos efectivos de extinción fai que a maior parte destes intentos queden en conatos, pero convén non baixar a garda. A Xunta quere facer un chamamento á colaboración cidadá contra a actividade incendiaria que está a vivir Galicia. .

Así, esperan contar coa participación de concellos e outras administracións e especialmente das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado para localizar os culpables. Neste traballo tamén teñen un papel fundamental os veciños, que moitas veces poden aportar información crucial para localizar ao causante dun lume.

3 de cada 4 lumes forestais que se rexistran en Galicia son provocados pola man do home de xeito intencionado, polo que se apela de novo aos cidadáns para denunciar calquera actividade que poida poñer en risco o patrimonio forestal da nosa comunidade.

Comentarios
Lo más