miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Viravolta volve con forza neste inicio de curso

O Viravolta volve con forza neste inicio de curso
O Viravolta volve con forza neste inicio de curso

Os resultados destacados foron o bronce de Martín Casal e do conxunto alevín

O pasado sábado 15 de setembro asistimos ó "I Torneo Nacional Club Rítmica Milenium" organizado en Riazor, A Coruña.

Na xornada de mañá competiu o conxunto alevín, ximnastas que acadaron o título de subcampioas galegas en xuño deste ano; e Alex Parajó, que se inicia esta tempada na competición individual masculina.

Na xornada de tarde foi o turno para os conxuntos cadetes, Candela Negreira, Alba Varela, Silvia Pena e Martín Casal (actual Campión Galego de nivel Promoción). Todos e todas eles e elas amosaron un gran traballo e paixón por este deporte. Seguirán traballando para as citas máis importantes que se celebran en outubro: Campionato Galego clasificatorio para o Campionato Nacional.

Os resultados destacados foron o bronce de Martín Casal e do conxunto alevín, e a cuarta plaza para o conxunto cadete, Alex Parajó e Candela Negreira.

Comentarios
Lo más