Os incendios de Lobios e Vilariño de Conso, en Ourense, siguen activos
Os dous parques naturais seguen ardendo mentres o operativo desplegado segue traballando
Sigue activo o incendio declarado o día de onte no concello de Lobios, parroquia de Manín, que afecta ao parte natural do Xurés.
O dispositivo que está traballando no lugar fórmano tres axentes, 13 brigadas, cinco motobombas, cinco helicópteros e dous avións. Alomenos o lume calcinou cinco hectáreas de terreo según as estimacións da Consellería de Medio Rural.
A alerta saltou arredor das 18:49 horas do domingo e o operativo desplegado na zona levan traballando para poder estabilizar o incendio e poder controlalo.
PARQUE NATURAL INVERNADOIRO
Tamén permanece activo, pero neste caso estabilizado, o lume o lume rexistrado no municipio de Vilariño de Conso, parroquia de San Mamede de Hedrada, e que afecta o parque natural do Invernadeiro.
O incendio comezou o venres ás 16,42 h. e quedou estabilizado onte ás 20,45 h. Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de 32 hectáreas. Para extinguir este lume mobilizáronse dous técnicos, 23 axentes, 61 brigadas, 25 motobombas, unha pa, 15 helicópteros e oito avións.
Recordemos que é a segunda vez que se rexistra neste lugar un lume deste tipo xa que o pasado agosto o parque natural do Invernadoiro sufriu dous focos activos que calcinaron más de 130 hectáreas de bosque.