Desvíos do transporte urbano polas obras na rúa de Carme de Abaixo
Os vehículos serán desviados por Monte Pío, Casas Novas e Galeras
Con motivo da realización de obras de reparación do pavimento, dende o martes 18 ata o martes 25 de setembro vai permanece cortada ao tráfico a rúa do Carme de Abaixo. Os vehículos serán desviados por Monte Pío, Casas Novas e Galeras.
Desvío da liña P1 do transporte urbano
A partir das 8:00 do martes 18 a liña P1 realizará os desvíos que se indican (a previsión de finalización das obras é o martes seguinte, día 25, se ben a liña recuperará a normalidade cando a rúa volva estar aberta ao tráfico):
Sentido Est. de autobuses - Folgoso:
A liña despois da rúa do Pombal desviarase por Galeras, costa de Casas Novas e Monte Pío, para incorporarse ao seu itinerario habitual no cruce entre Monte Pío e Carme de Abaixo.
Quedarán suprimidas as seguintes paradas: (224) Cruceiro de Gaio e (164) Carme de Abaixo 2. As paradas alternativas máis próximas serán a parada 265, Galeras nº 16A e a parada habitual 162, Carme de Abaixo no cruce con Monte Pío.
Sentido Folgoso - Est. de autobuses:
A liña realizará o seu itinerario habitual ata o cruce con Monte Pío, desviándose por esta rúa, costa de Casas Novas, Galeras e retomará itinerario a partir da rúa do Pombal.
Quedarán suprimidas as seguintes paradas: (163) Carme de Abaixo 1 e (225) Cruceiro de Gaio, sent. centro. As paradas alternativas máis próximas serán a parada do cruce entre Carme de Abaixo e Monte Pío e a parada 267, Galeras nº 5.