Os problemas pola falta de profesorado no IES de Brión non parecen ter unha solución cercana
Unha representación dos pais conseguiu entrevistarse con Román Rodríguez esta mañá mentres continúa o peche no centro pola falta de profesorado
Os problemas no IES de Brión parace que van a continuar. As necesidades educativas do centro requiren a incorporación de dez novos profesores, aos que a Consellería de Educación respondeu enviando a sete. Estos son insuficientes ante o proxecto educativo que quere ofrecer o seu xa ex director, Antonio Caneda. Este, decidiu dimitir da dirección do centro pola imposibilidade e os recursos insuficientes para ofrecer ao alumnado e aos pais unha educación de calidade.
Unha representación dos pais conseguiu entrevistarse con Román Rodríguez esta mañá mentres continúa o peche no centro pola falta de profesorado. O titular de Educación insistiu en que “non se tomaron decisións arbitrarias”, que se “aplica o mesmo criterio para tódolos centros” e que os informes da inspección din que "todo está ben, que se cumplen os ratios".
As familias discrepan desta interpretación tal e como quedou claro na multitudinaria asemblea celebrada na tarde de onte no centro educativo. Ademais, nesa asamblea acordouse por unanimidade que o luns non comezarán as clases no IES de Brión, é dicir, o alumnado non irá ó centro se non existe un profesorado necesario para garantir un ensino de calidade. As familias afectadas, decidiron darlle máis tempo á Consellería de Educación para que reconsidere a decisión de non incrementar ao porfesorado.
A visita da Inspectora, dona Carme Ares, na mañá do venres "so serviu para incrementa-la decepción e o enfado na comunidade educativa do IES", afirman. Carmen Ares insistiu en que o centro " pode funcionar perfectamente coa mesma cifra de docentes do ano pasado ”. Considera que o IES de Brión é “un dos que máis asignaturas optativas ten” así que, a súa receita é "recortar".
Por outra parte, o director do centro informou na noite pasada que vense obrigados a configurar horarios nos que non haberá espazo para a atención á diversidade nin para aignaturas optativas que se viñan impartindo no centro con gran éxito.
As decisións non están tomadas, pero sen os tres profesores que solicita a dirección, non se poderá formar grupo de reforzo educativo en 3º da ESO (o PEMAR), nin tampouco haberá asignaturas en Bacharelato como robótica. Cómpre lembrar que o IES de Brión recibiu premios da Fundación Telefónica, a Universidade Pompeu Fabra, o Colexio de Enxeñeiros de Galicia ou da propia Xunta entre outras institucións precisamente por proxectos desenvolvidos a partir desta materia.
As familias secundan esa decepción do equipo directivo e insisten ademáis no risco de que coa masificación dos grupos de 4º da ESO aumente a conflictividade: conformaríanse so dous grupos, con 31 e 30 alumnos respectivamente. O curso pasado, con 57 estudantes en 4º formáronse tres grupos que acadaron os mellores resultados académicos nese nivel no IES en moitos anos.
As aulas o luns seguirán valeiras. A directiva da ANPA Pedra Aviada afirmou que "non imos participar nunha presentación de grupos que non atenden ás necesidades do alumnado". Ademais, manterase tamén sen data de finalización o peche de representantes das familias no centro, canda outras accións.