miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Grupo Municipal Popular considera que o modelo de Escola Municipal de Música demostrou ser un auténtico desastre

O Grupo Municipal Popular considera que o modelo de Escola Municipal de Música demostrou ser un auténtico desastre
O Grupo Municipal Popular considera que o modelo de Escola Municipal de Música demostrou ser un auténtico desastre

"Durante máis dun lustro malgastáronse recursos públicos nun proxecto desastroso que non foi capaz de configuran nin unha pequena banda de música no Concello"

"O modelo de Escola Municipal de Música de Ames, creado no ano 2004 durante o Bipartito PSdeG-BNG, demostrou ser un auténtico desastre de planificación e xestión política. Durante máis dun lustro malgastáronse recursos públicos nun proxecto desastroso que non foi capaz de configuran nin unha pequena banda de música no Concello, polo que é preciso continuar solicitando a asistencia de bandas doutros municipios para amenizar os actos municipais. E a pesar de todo, o Tripartito se empecina pola mesma senda e manda aos grupos municipais da oposición un borrador de regulamento de réxime interno da EMMA sen unha previa consulta", afirman os Populares. 

"Un Borrador que remite o día 7, en pleno mes de agosto, sabendo ademais que o día 15 é festivo, e pretendeu, incialmente ,que se examinase o documento proposto e fixésense as achegas antes do día 20. Un borrador que pretendíó “coar” nestas datas, como pretenden con outras cuestións, sen proporcionar información sobre a situación actual da EMMA e sen ser froito dun traballo serio e rigoroso que enmiende todos os erros cometidos durante máis dun lustro".

"Un borrador que di ter entre os seus obxectivo o de orientar e proporcionar unha formación máis profunda aos alumnos que teñan a vontade de acceder a un centro de ensino regrado. Un borrador que debería partir, e con todo non o fai, dunha previa avaliación de calidade do realizado ata a data; dunha avaliación do funcionamento da EMMA durante todo este período: Un estudo previo que debería recoller información sobre a porcentaxe de poboación usuaria da escola de música; cociente de hora lectiva do profesorado en relación co número de alumnos; custo económico por alumno e curso; porcentaxe de financiamento por parte do Concello; alumnos que reciben axudas económicas; alumnos que acceden a estudos dirixidos á profesionalización; porcentaxe de alumnos de instrumento que forman parte dun conxunto instrumental; media dos anos de permanencia dos alumnos na escola, etc". 

"Evidentemente a ousadía do concelleiro responsable, o nacionalista David Santomil, non ten límites; e non parece que a súa reprobación polo Pleno, en xaneiro do 2017, fíxolle reflexionar sobre a maneira de xestionar os asuntos públicos en xeral, e a EMMA en particular", afirman. 

Ante esta situación, o Grupo Municipal Popular solicitou ao Tripartito "o correspondente informe de avaliación do funcionamento da EMMA; información actualizada sobre a situación laboral do persoal da Escola Municipal así como un Plan Curricular que contemple medidas concretas para orientar e proporcionar unha formación máis profunda aos alumnos que teñan a vontade de acceder a un centro de ensino regrado. Tamén solicitan, entre outras cuestións, a creación dun banco de instrumento, que o regulamento especifique as especialidades ofertadas e que recolla o cadro de profesores". 

Comentarios
Lo más