Compromiso reclama que se solucione o mal funcionamento do servizo de lacería
Particulares e asociacións denuncian deficiencias no servizo.
A agrupación local de Compromiso vén de reclamar que se solucione o mal funcionamento do servizo de lacería do Concello, xa que nos últimos meses son varias as queixas das distintas asociacións de protección animal e particulares que denuncian o seu funcionamento.
En particular, sinalan que o servizo nocturno non esteña operativo e que nalgunhas ocasións, no fin de semana, mesmo chamando a policía municipal, non son capaces de poñerse en contacto co laceiro. A formación galeguista pide que se revise a xestión do servizo, xa que na actualidade non se está a cumplir os pregos da concesión que di "a lacería se presta por persoal cualificado de forma ininterrompida as 24 horas do día incluídos festivos e domingos". De igual modo, Compromiso por Galicia tamé pide actualizar o rexistro de actuacións por parte da concesionaria.