miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

A Virxe da Guadalupe onte volveu ao mar

A Virxe da Guadalupe onte volveu ao mar
A Virxe da Guadalupe onte volveu ao mar

Foron preto de medio centenar os barcos que nesta ocasión se sumaron á homenaxe

A Moreniña, é dicir, a Virxe da Guadalupe, onte volver a recorrer as augas de Arousa. O día presentouse cunha xornada de sol no que participaron un centenar de rianxeiros. 

A praza de Castelao de Rianxo estaba chea. A xente esperaba con ansias que a misa puxera punto e final para acompañar á Guadalupe no seu percorrido por terra ata o peirao. 

Nenos e maiores portaban cestos de pétalos e remos en alto, abrindo así unha comitiva que foi seguida desde as rúas por numerosas persoas. No porto, a imaxe e as autoridades subiron a bordo do Suárez 2 para emprender unha travesía coa obrigada parada en Tanxil, ao pé da estatua da Virxe Moreniña, onde todas as embarcacións participantes na procesión fixeron soar as súas sirenas. Foron preto de medio centenar os barcos que nesta ocasión se sumaron á homenaxe. 

Comentarios
Lo más