miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Negreira celebrará as festas en honra de Santa Margarida

Negreira celebrará as festas en honra de Santa Margarida
Negreira celebrará as festas en honra de Santa Margarida

As orquestras Superfama e Olympus serán o prato forte destas festas

Confirmanse as actuacions previstas para festas de Santa Margarida de Negreira a celebrar no 16 e 17 de setembro.

A primeira xornada será na honra á Virxe das Dores. As 12:00 haberá misa rezada na Capela do Cotón e as 19:00 horas na praza do concello celebrarase o Festival de Bandas no que participarán a Banda Ateneo de Negreira, A Banda de música de Calo de Teo e a Banda de Música de Visantoña. A noite estará amenizada pola orquestra Superfama.

O luns 17 a festa será na honra de Santa Margarida. A misa será as 12:00 horas na Igrexa Parroquial e haberá pasarrúas a cargo dos grupos de gaitas Veiga do Cotón e @s Jaitas Blue. A partir das 22:00 horas a sesión da noite será a cargo da orquestra Olympus.

Tanto domingo coma luns, haberá unha pulpeira no campo da feira.

Comentarios
Lo más