Noite de incendios en Castiñeiro do Lobo (Ames)
14:27 08/09/18
14:27 08/09/18
Tivo lugar ás 3 da madrugada
Esta noite, en torno ás 3 da madrugada, houbo un incendio forestal en Castiñeiro do Lobo (Ames). Este, estaba preto de vivendas. Afortunadamente e grazas ao traballo das brigadas de extinción e do GES de Brión controlouse o lume con rapidez.
Pouco despois saltou outro incendio na estrada que vai de Castiñeiro do Lobo a Trasmonte, o cal se controlou tamén rapidamente.
En ambos incendios traballaron os GES de Brión, unha brigada de incendios da Xunta, a brigada de Boqueixón e a motobomba, a brigada de incendios de Protección Civil de Ames e un axente forestal. Estiveron, ademais, unha patrulla da Garda Civil de Milladoiro, unha patrulla da Policía Autonómica e a Policía Local de Ames.