miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

En Marea reclama o fin da manipulación informativa por parte do Goberno de Núñez Feijóo nos medios de comunicación públicos

As deputadas e deputados do grupo parlamentario de En Marea percorreron as rúas de Compostela xunto coa cidadanía e os profesionais reclamando liberdade e independencia para os medios públicos

As deputadas e deputados de En Marea sumáronse esta mañá á histórica manifestación que percorreu as rúas de Compostela reclamando liberdade e independencia para os medios de comunicación públicos de Galicia. “Non hai sociedade democrática libre sen uns medios de comunicación libres e nós necesitamos uns medios que podan contar a verdade do que está a pasar no noso país” salientou o voceiro de En Marea, Luís Villares.

A manifestación de hoxe en Santiago de Compostela deixou en evidencia a manipulación á que está a someter o goberno de Núñez Feijóo aos medios de comunicación públicos. Os e as profesionais saíron á rúa a reclamar liberdade para informar e a cidadanía enviou unha mensaxe clara ao presidente da Xunta de Galicia deixando claro que “estamos fartos da súa manipulación e as súas mentiras”.

“Queremos uns medios de comunicación libres e que podan informar da pluralidade e a diversidade que existe no noso país, algo que a día de hoxe o Goberno galego non está a permitir” denunciou Villares. 

Comentarios
Lo más