miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Compromiso propón aparcadoiros en altura no CHUS

Compromiso propón aparcadoiros en altura no CHUS
Compromiso propón aparcadoiros en altura no CHUS

Veñen de facer pública a súa proposta de aparcadoiros modulares

A agrupación local de Compromiso por Galicia Santiago vén de facer pública a súa proposta de aparcadoiros modulares en altura para o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).

"Ante a falta de prazas na contorna do CHUS e a falta de concreción dos distintos aparcadoiros como o do CIMUS ( a falta de coñecer o modelo de xestión e o número de prazas) ou ante o feito de que a única alternativa pública existente sexa o aparacadoiro de Santa Marta que actualmente tamén se atopa cun elevado número de usuarios sobretodo en horario de maña, ou a alternativa de pago co aparacadoiro da Choupana, no que o custo de máis de dous euros a primeira hora é abusivo" dende Compromiso formulan unha proposta económica e xestionable dende a competencia pública.

"A falta de espazo, que se verá agravada polo traslado das Facultades de Medicina e Odontoloxía, sumando os usuarios do complexo hospitalario, sumado o uso que se está a facer como aparacadoiro disuasorio, dende a formación galeguista entenden que a solución pasa pola construción de aparcadoiros modulares en altura", afirman. "Este sistema permite, polas súas características, optimizar custes, tempo e espazo o non precisar máis espazo que o dispoñible na actualidade e poden ser modificados en altura e superficie. Este modelo de aparacadoiros xa se emprega en cidades como Valencia ou Ciudad Real cun uso público, ou empresas privadas como Telefonía ou Ford España, este tipo de aparcadoiros son exemplos de sustentabilidade e integración na contorna". 

Dende Compromiso tamén propoñen unha reformulación dos aparacadoiros de reborde como o de Salgueiriños cun modelo de xestión fallido, dotandos de autobuses lanzadeira cada 15 minutos con tarifas axustadas, incluindo os traxectos de ida e volta. 

Comentarios
Lo más