miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

O Claustro do CEIP Padre Feijóo de Allariz apoia as movilizacións da Anpa para pedir a terceira aula de Infantil

O Claustro do CEIP Padre Feijóo de Allariz apoia as movilizacións da Anpa para pedir a terceira aula de Infantil
O Claustro do CEIP Padre Feijóo de Allariz apoia as movilizacións da Anpa para pedir a terceira aula de Infantil

Movilizaranse ata o venres para esixir á Consellería de Educación que cumpra o ratio profesor-alumno

Ata o venres 7 de setembro ás 12h da mañá continuarán as movilizacións diante da Xefatura Territorial de Ourense para pedir á Consellería de Educación que cumpra o ratio profesor-alumno, e abra a terceira aula de cuarto curso de Educación Infantil, tal e como estaba previsto, e como se fixo o ano pasado co mesmo número de escolares. Debido ao inminente comezo do curso escolar, Anpa e claustro de profesores varlorarán facer alguna acción mais, en función da postura que adopte a Xefa Territorial.

Os 35 membros do Claustro de Profesores do CEIP Padre Feijóo de Allariz (Ourense) manifestaron de novo a sua disconformidade coa decisión final da Xefa Territorial, María Luz Fernández Quintas, e apoiarán á Asociación de Madres y Padres de Alumnos (Anpa) coa sua presenza, xa que os docentes son os que padecen a masificación en primeira persoa.

Despois da reunión mantida onte entre os representantes dos pais do centro e a Xefa Territorial da Consellería de Cultura, María Luz Fernández Quintas, decidiuse continuar coas protestas ata o venres 7 de setembro. Malia que moitos dos profesores non son de Allariz, acoderán hoxe á chamada da ANPA, que tamén invita a outras ANPAS e profesores a sumarse ás movilizacións por un ensino de calidade no rural galego. "Non explicitan que son razóns económicas, pero sí o son; ela dice que hai mais centros nesta provincia con este problema. Ogallá nos xuntemos todos estos centros para protestar abertamente contra estes recortes", explica Irene Seara, unha das nais implicada nas movilizacións.

Trala xuntanza con María Luz Fernández Quintas, Seara asegurou que "a negativa por parte da responsable de Educación foi rotunda e sen ningún respaldo da lei nin fundamentos", xa que "o único que dixo e argumenta dende o inicio das conversacións e que 51 alumnos non lle parece un número suficiente para abrir a terceira aula".

Segundo Irene Seara “a nosa esixencia da apertura da terceira aula non só se debe á necesidade de cumprir co ratio de 25 menores por aula, senon a que a experiencia dos tres pasados cursos, nos que se aumentaron as matrículas no CEIP de Allariz ao longo do curso escolar. Ademais, o ano pasado, co el mesmo número de menores, o centro tiña aberta a terceira aula. Os pais entregaron hoxe martes mais de 1.800 sinaturas que chegarán ás mans da responsable da Xefatura Territorial este mércores.

“Hoxe son 51 nenos, pero o que queremos evitar con estas movilizacións e que en outubro, con ese aumento da matrícula que aconteceu nos 3 anos anteriores, sexan 53 o 54 cativos, e argumenten que xa é tarde para abrir a terceira aula: o centro está preparado, a aula está preparada, e só falla a vontade da Consellería de cumprir co ratio máximo de 25 menores por clase” explicou Irene Seara.

Comentarios
Lo más