miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Activo un incendio forestal en Quiroga (Lugo) que afecta a 60 hectáreas

Activo un incendio forestal en Quiroga (Lugo) que afecta a 60 hectáreas
Activo un incendio forestal en Quiroga (Lugo) que afecta a 60 hectáreas

O incendio comezou ás 17,31 h. de onte domingo e semella que foi provocado por un raio

A Consellería do Medio Rural informa dun lume forestal activo arestora no concello lugués de Quiroga, parroquia de Outeiro. O incendio comezou ás 17,31 h. de onte domingo e semella que foi provocado por un raio. 

Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie de arredor de 60 hectáreas. Para extinguir este lume mobilizáronse 1 técnico, 8 axentes, 32 brigadas, 13 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 4 avións.

Comentarios
Lo más