Entrega de diplomas e festa con inchables no Summer Camp
A xornada foi do máis divertida, xa que contaron con lambetadas e cun grande inchable que se instalou na alameda co que gozaron toda a mañá
O venres preto de 50 nenos e nenas recibiron de mans da concelleira de Educación os seus diplomas tras participar nunha nova quenda do campamento de verán. A xornada foi do máis divertida, xa que contaron con lambetadas e cun grande inchable que se instalou na alameda co que gozaron toda a mañá.
O Summer Camp, que manterá abertas as súas portas ata o 7 de setembro, está organizado polo Concello de Ordes e ofrece a posibilidade a moitas familias de poder conciliar a vida familiar e laboral coas vacacións de verán. Excursións, deporte, xogos grupais, actividades en inglés, obradoiros creativos, música, festas temáticas e moitas máis actividades son as que se están a levar a cabo dende o pasado mes de xuño.