Aberto o prazo de inscrición para o Campus Polideportivo Volta ao Cole 2018
Dirixido a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade, desenvolverase do 3 ao 7 de setembro no campo de fútbol de Villestro e pavillón de Roxos
Que mellor maneira de rematar o verán e prepararse para o regreso ás aulas que divertíndose facendo deporte? A Escola Deportiva Santiago organiza un ano máis o Campus Polideportivo Volta ao Cole, no que participarán nenos e nenas de entre 4 e 12 anos de idade.
Con esta iniciativa, na que colaboran o Concello de Santiago, a Deputación de A Coruña e Gadis, preténdese ademais ofrecer unha alternativa de conciliación para os pais e nais no final do período estival.
O Campus desenvolverase do 3 ao 7 de setembro no campo de fútbol de Villestro e o pavillón de Roxos en horario de 10:00 a 14:00 horas. Os pequechos practicarán fútbol, fútbol sala, bádminton, atletismo, xadrez, deportes alternativos como pode ser o béisbol e exercicios para mellorar a atención.
As inscricións poden realizarse por días soltos (18 euros por día) ou polo campus completo (60 euros). Hai descontos para segundos irmáns e familias numerosas (50 euros por neno). E un servizo de madrugadores desde as 9:00 horas por 5 euros.
Estos prezos inclúen un seguro de accidentes deportivos.
Os interesados atoparán un formulario online na web www.escoladeportivasantiago.org, dirixirse ao correo electrónico escolasantiagocf@gmail.com ou chamar ao 697 408 573.