miércoles. 25.11.2026 |
El tiempo

Cortada a A-8 por un accidente de tráfico

Cortada a A-8 por un accidente de tráfico
Cortada a A-8 por un accidente de tráfico

O 112 Galicia recibiu o aviso pasadas as doce deste mediodía a través das chamadas de varios condutores que pedían asistencia médica

O tráfico viuse interrompido na A-8, á altura do Alto do Fiouco, a causa dun accidente no que se viron implicados un camión e unha caravana.

O 112 Galicia recibiu o aviso pasadas as doce deste mediodía a través das chamadas de varios condutores que pedían asistencia médica para os posibles feridos.

Así, informouse aos servizos sanitarios de urxencias e aos efectivos do Servizo de Prevención, Extinción de Incendio e Salvamento de Vilalba, que descartaron intervir en canto comprobaron que os feridos estaban liberados e accesibles.

Con todo, o impacto, que se produciu no punto quilométrico 543 en sentido A Coruña, obrigou a cortar a circulación en ambos os dous sentidos e habilitar desvíos provisionais. Igualmente, tras este primeiro choque, sucedéronse outros de menor importancia uns metros máis atrás.

Para atender aos afectados, desde o 112 Galicia solicitouse a intervención dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, Bombeiros de Vilalba e persoal de limpeza e mantemento do Ministerio de Fomento para a retirada dos restos provocados polos accidente e o restablecemento da seguridade na autovía. Os equipos de emerxencias continúan traballando no lugar do accidente.

Comentarios
Lo más