Venres con ceos despexados
06:30 31/08/18
06:30 31/08/18
A máxima en Compostela será de 27 grados e a mínima de 14 grados
O venres estaremos baixo a influencia das altas presións polo que teremos unha xornada coa atmosfera estable. Os ceos permanecerán pouco anubrados ou despexados, con néboas matinais e algunhas nubes ao principio no extremo norte.
As temperaturas mínimas quedarán sen cambios, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable pola mañá, tomando unha compoñente norte pola tarde.
A máxima en Compostela será de 27 grados e a mínima de 14 grados.