Estabilizado o incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Monterrei, parroquia de Infesta
06:30 31/08/18
06:30 31/08/18
Segundo as últimas estimacións, este lume afecta unha superficie de arredor de 70 hectáreas
A Consellería do Medio Rural informa de que ás 19,40 horas desta tarde quedou estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Monterrei, parroquia de Vilaza.
O lume iniciouse ás 17,54 horas de onte e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de arredor de 100 hectáreas. Para estabilizar este lume traballaron 2 técnicos, 25 axentes, 50 brigadas, 17 motobombas, 2 pas, 13 helicópteros e 5 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.