Restauran a calesa do Pazo de Sálvora
Para inspeccionar os traballos se desprazaron a concelleira Esther Patiño e o xefe de servizo da UAD, Jesús Cartelle
Tal e como estaba previsto, os usuarios do Servizo de Drogodependencia que están a participar nun campamento en Sálvora acometeron os traballos de restauración da antiga calesa que se exhibe no pazo da illa.
Baixo o dirección de Manuel Casais, os usuarios, sete en total (todos eles asistentes ao taller de carpintería), procederon á limpeza a fondo do vehículo, á substitución das pezas deterioradas imposibles de arranxar (como o asento e o fondo) e ao pintado coas cores orixinais.
Onte finalizaron os traballos mentres que o campamento —organizado en colaboración co Parque Nacional das Illas Atlánticas— se prolongará ata hoxe venres como unha iniciativa destinada á integración social dos participantes e a súa sensibilización sobre a conservación da diversidade.
Durante a súa estancia na illa, os usuarios estiveron tamén outros labores como o control e retirada de especies alóctonas, a elaboración de sinalética e cartelería, o arranxo de muros e estruturas ou o seguimento de fauna.
Para inspeccionar os traballos se desprazaron a concelleira Esther Patiño e o xefe de servizo da UAD, Jesús Cartelle.